Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, da subministración consistente na adquisición dun vehículo de servicios do grupo B, con destino á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural (05156).

A Secretaría Xeral da Consellería de Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto e polo trámite de urxencia:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición dun vehículo de servicios do grupo B, con destino á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural (05156), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para esta.

Orzamento de licitación: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de claúsulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: aproposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 8 de novembro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 10 de novembro de 1995, ás 13.30 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de outubro 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

6872