Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
-Solicitante:Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
-Denominación: L.M.T. subterránea e C.T.
-Situación: Almirante Mourelle. A Coruña.
-Descripcións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, de entrada e saída, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm2 AT, de 356 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Villa de Negreira-Fco. Franco e remate no C.T. que se vai a construír en r/ Almirante Mourelle.
Centro de transformación tipo interior, de 630 kVA e tensións de 20/0'380-0'220 kV. A Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 20 de setembro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
6742