Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 64-1/1995).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: modificado I proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T.

-Situación: Rabadeña. Fene.

-Descripcións técnicas: modificado o expediente 51252 consistente en: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 1.089 m de lonxitude, con orixe na liña Sillobre-Campo da Feira (Expte. 17934) e remate en C.T. Rabadeña.

Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0'380-0'220 kV, en Rabadeña, con saída de rede de baixa tensión con conductor R.Z. de 45 m de lonxitude. Fene.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 20 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6743