Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 19 de outubro de 1995 pola que se determinan os servicios mínimos durante a folga convocada para os días 22, 29 e 30 de outubro e 4, 5, 6, 12, 13, 14 e 15 de novembro, nos centros de traballo da Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa) nas Pontes de García Rodríguez.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 202, do venres, 20 de outubro de 1995, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 7.790, columna 2, liña 7ª onde di «1 Bombeiros 9», debe dicir «3 Bombeiros 9».

Na páxina 7.790, columna 1, liña 35, onde di «B) No caso de realizarase a folga de luns a sábado» debe dicir «B) No caso de realizarse a folga de lúns a sábado e no suposto de que a Delegación do Goberno na explotación do sistema eléctrico determine a disponibilidade das instalacións de xeración, transporte e distribución co obxecto de garanti-la continuidade da subministración de enerxía eléctrica e preserva-la estabilidade do sistema eléctrico».

6744