Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.914

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 69-1/1995).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. tipo superficie.

-Situación: escolas García Naveira. Betanzos.

-Descripcións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm2 AL, de 360 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. ambulatorio (Expte. 29.608) e remate no C.T. que se vai a construir denominado escolas García Naveira.

Centro de transformación en caseta prefabricada de 1.000 kVA e tensións de 20/0'380-0'220 kV. Betanzos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 21 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-6741