Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 25 de outubro de 1995 Páx. 7.890

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1995 pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para a realización da tese de doutoramento (primeira e segunda prórroga) convocado nos anexos II.B e II.C da Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril).

A orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril) pola que se aproban as bases polas que se rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo II (apartados B e C), a concesión de prórroga das bolsas predoutorais a aqueles bolseiros que desfrutaron durante o curso 1994/1995 dunha bolsa predoutoral de nova adxudicación (Orde do 20 de decembro de 1994, DOG do 9-1-1995) ou da primeira prórroga das ditas bolsas (Orde do 30 de setembro de 1994, DOG do 21-10-1994).

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28-5), e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10-8-94), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Acórdase concedérlle-la primeira prórroga da bolsa para a realización da tese de doutoramento durante o período outubro 1995-setembro 1996 (ambos inclusive) ás persoas que se relacionan no anexo I a presente resolución.

Segundo.-Acórdase concedérlle-la a segunda prórroga da bolsa para a realización da tese de doutoramento durante o período outubro 1995-marzo 1996 (ambos inclusive) ás persoas que se relacionan no anexo II a presente resolución.

Terceiro.-A contía das bolsas será de 106.000 ptas/mes brutas. Esta última cantidade poderá ser modificada por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dentro dos límites fixados na propia convocatoria, co fin de consegui-la total homologación destas bolsas coas de Formación de Persoal investigador que convoca o Ministerio de Educación e Ciencia para o ano 1996.

Cuarto.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refiren os apartados 1 e 2 da presente resolución, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito, a adxudicárlle-la dita axuda a outros candidatos tendo en conta a lista de suplentes que elabore a Comisión de Selección de Política Científica con ocasión da adxudicación das bolsas predoutorais de nova adxudicación.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 20 de marzo de 1995 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Sexto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de un mes contado a partir da data de publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

95-6762