Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras, declaradas de urxencia, de acondicionamento de baixo e soto para comedor universitario e sala de usos múltiples en Santiago de Compostela e outra máis.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto as obras, declaradas de urxencia, que se citan:

1. Acondicionamento de baixo e soto para comedor universitario e sala de usos múltiples en Santiago de Compostela.

Orzamento de licitación: 132.992.266 ptas. (cento trinta e dous millóns novecentas noventa e dúas mil duascentas sesenta e seis pesetas).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

2. Paso cuberto entre o edificio administrativo e as residencias e reformas no aparcamento do C.R.D. de Meixueiro. Vigo.

Orzamento de licitación: 11.449.603 ptas. (once millóns catrocentas corenta e nove mil seiscentas tres pesetas).

Prazo de execución: 1 mes.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

Exposición de proxectos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará o décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San

Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 8.1ª do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2ª, 8.3ª e 8.4ª do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación, cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se e,emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación o terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-06808