Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995 pola que se anuncia polo sistema de concurso de procedemento aberto a obra, declarada de urxencia: centro universitario de Ciencias da Saúde na Coruña.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto da obra, declarada de urxencia que se cita:

1. Centro universitario Ciencias da Saúde na Coruña.

Orzamento de licitación: 704.067.754 ptas. (setecentos catro millóns sesenta e sete mil setecentas cincuenta e catro pesetas).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Exposición de proxectos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de

manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará ó trixésimo sexto día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial das Comunidades Europeas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2º, 8.3º e 8.4º do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación, cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita calificación, co fin de que se enmenden, dentro do prazo que se indique os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria