Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican laudos arbitrais correspondentes ás demandas instruídas pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente 35/1995 e dous máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós demandados cos datos e últimos enderezos coñecidos sinalados no

anexo desta cédula, os laudos arbitrais dictados pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, recaídos nos expedientes que se citan no mencionado anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interporen recurso de anulación diante da Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe, procedendo, se é o caso, á interposición do recurso de revisión nos prazos e supostos previstos nos artigos 1796 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados de enderezos descoñecidos, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Reclamante

-Reclamado

-Último enderezo coñecido

-Feitos reclamación

-Data

-Contía reclamación

-Data vista xunta arbitral

-Lugar

-Contido laudo arbitral

-XA 35/1995

-Transportes de Labarta, S.A.

-Distribuidora Formoso

-Alfonso Sabio, 5 interior

Vigo (Pontevedra)

-Non pagamento de portes correspondentes a diversos servicios de transportes.

-maio, agosto 1994.

-57.233 ptas + xuros legais.

-15 maio de 1995.

-Dirección xeral de Transportes. Santiago de Compostela.

-Estimada a reclamación

-Expediente

-Reclamante

-Reclamado

-Último enderezo coñecido

-Feitos reclamación

-Data

-Contía reclamación

-Data vista xunta arbitral

-Lugar

-Contido laudo arbitral

-XA 38/1995

-Transportes de Labarta, S.A.

-Servicio y Seguridad

de Galicia, S.L.

-Paseo de Ronda, 1-B

A Coruña

-Non pagamento de portes correspondentes a diversos servicios de transportes.

-outubro de 1994

-19.837 ptas. + xuros legais.

-15 maio de 1995.

-Dirección xeral de Transportes. Santiago de Compostela

-Estimada a reclamación

-XA 43/1995

-Mudanzas Coruña, S.A.

-Adelino Álvarez

Domínguez.

-Alcalde Lens, 23 6ºC

A Coruña

-Non pagamento da tarifa pactada en servicio de mudanza.

-21 outubro 1994.

-51.300 ptas. + xuros legais

-15 maio de 1995.

-Dirección xeral de Transportes. Santiago de Compostela

-Estimada a reclamación

95-6807