Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.876

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995 pola que se declara a non provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de química analítica, do departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía (praza nº 1279/1994).

Convocada a concurso por resolución da Universidade de Santiago de Compostela, de data 24 de novembro de 1994 (BOE do 16 de decembro de 1994), unha praza do corpo de profesor titular de universidade da área de coñécemento de química analítica, do departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía.

Tendo en conta o artigo 11.2º d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo).

Este Rectorado resolveu declarar concluído o precedemento e declarar a non provisión da praza de profesor titular de universidade.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1995.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

956561