Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.840

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 10 de outubro de 1995 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo.-Poderán concorrer a el os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes dirixiranse por escrito á Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (edificio de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae, e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino na Administración xeral do Estado, nos seus arganismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, ou que estea nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme ó disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, tramitaráselle o seu destino a esta Comunidade Autónoma, e unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo destino, e de un mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, a partir do día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

Número posto: 1.

Código do posto: FAC030000115770001.

Nivel: 30.

C. Espec.: 2.153.772.

Grupo: A.

Corpo/Esc.: xeral.

Denominación do posto: Subdirección Xeral de Acción Familiar.

Dependencia: Dirección Xeral da Familia.

Localidade: Santiago de Compostela.

95-6552