De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela), segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.
As ditas solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das súas delegacións provinciais, nos das direccións provinciais do Sergas ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.
Os méritos alegados e non probados deste xeito non se terán en conta.
Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. A resolución da mesma farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos todos ou algún dos postos de traballo, de considerarse oportuno.
Sexto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida con
forme o disposto na disposición transitoria oitava punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e de un mes, se están en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse
a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1995.
José Manuel Romay Beccaría
Conselleiro de Sanidade y Servicios Sociais
ANEXO I
posto C.D. específico específica
Código do posto Denominación do posto Dependencia Localidade Tipo de
Grupo Nivel
Complemento
Corpo ou escala Formación
Xefe de Servicio de Avaliación Secretaría Xeral do Sergas Santiago de Compostela S A/B 28 1.583.676 Xeral/Sanitario/Estatutario SAS991000015001001 Secretaria do director Delegación Provincial do Sergas A Coruña N C/D 16 475.116 Xeral Mecanografía SAS991000136560001 Secretario provincial Dirección Provincial do Sergas Vigo S A/B 28 1.583.676 Xeral
95-6723