Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a exposición pública das listas definitvas de admitidos e excluídos nos organismos a que fai referencia o apartado 1º da base cuarta da Resolución do 18 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se convocan probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor; e a modalidade excepcional para o transporte internacional de viaxeiros e mercadorías.

Na súa virtude, de conformidade coas previsións contidas na Resolución do 18 de xullo de 1995 da Dirección Xeral de Transportes, DOG nº 143, do 27 de xullo de 1995, apartado 4º da base cuarta,

DISPOÑO:

Artigo único.-Publícase a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servicios provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da citada consellería.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

6575