Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 4936/1995, interposto por Francisco Martíñez González e outros.

Os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4936/1995, interposto por Francisco Martínez González e outros contra desestimación presunta por C.P.T.O.P.V. de recursos ordinario do 16-6 e 17-11-94 contra acordos Comisión Prov. Urbanismo Pontevedra 7-3 e 22-9-1994 sobre modificación puntual das NN.SS.MM. reordenación de cuarteirón entre as rúas 3 e 5 de Sanxenxo.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción conten

cioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-06776