Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.818

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1995 pola que se fai público o cesamento de Manuel Burque Torreira como secretario xeral do Consello de Contas de Galicia.

O Pleno do Consello de Contas, de conformidade co disposto no artigo 8.i do regulamento de réxime interior do Consello de Contas acordou en sesión celebrada o día 19 de outubro do actual, que cese por petición propia e con efectos desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, Manuel Burque Torreira como secretario xeral do Consello de Contas, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

6403