Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de outubro de 1995 pola que se extingue a autorización para impartir ensinanzas ó conservatorio de Lugo.

Visto o expediente de cesamento de actividades promovido polo presidente do Padroado Pro Música de Lugo, titular do conservatorio de Lugo, esta consellería, a teor do disposto no artigo 31º do Estatuto de autonomía de Galicia e do acordo coas competencias conferidas polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo,

DISPÓN:

Revoga-la autorización para impartir ensinanzas, a partir do presente curso académico, autorizadas polos Real decreto 663/1978, do 2 de marzo (BOE 8 de

abril), Orde do 7 de setembro de 1982 (BOE 14 de outubro), Orde do 2 de novembro de 1989 (BOE do 28) e Decreto 287/1990, do e de maio (DOG do 21), ó conservatorio de Lugo sito na rúa Frei Plácido Rei Lemos.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-6627