Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do procedemento sancionador de montes número 95/014MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento adminis

trativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín pública-la resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957(BOE nº151), e do seu regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas de aforros da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P. no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguínte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de un mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 22 de setembro de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado Provincial da Coruña

ANEXO:

Expediente: 95/014MP.

Denunciado: Maderas Hermo.

Ultimo enderezo coñecido: c/Saltiño nº 7 Boiro.

Feitos denunciados: cortar sen autorización 3 eucaliptos.

Precepto infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Precepto sancionador: 432 do Regulamento de montes.

Sanción: 3.000 ptas.

6547