Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres números 95/0009 e 95/0019.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores por infrancción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74 do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiranselle ó Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 22 de setembro de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

A Instructora

ANEXO

Tipificación infracción

Lei 4/89 de CEN

Procedemento

sancionador

número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

proposta

95/0009Pimenta Domínguez, Carlos

35.408.925

Corión-Dena 119

Moaña

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.38.13ºLeve25.000 ptas
95/0019Martínez Pena, José Luis

32.567.922

C/Torrecedeira, 161-5

Vigo

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.38.13ºLeve15.000 ptas

6532