Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a subministración de material funxible para laboratorio con destino a varios centros de investigación.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos da Administración pública, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación do contrato de subministración coas seguintes características:

Obxectivo e tipo: subministración de material funxible de laboratorio para os centros de investigación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Orzamento de licitación: catro millóns dezaseis mil catrocentas corenta e cinco pesetas (4.016.445 ptas.), impostos incluídos.

Prazo de execución: un mes.

Presentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas que rexerán neste concurso estarán a disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Investigacións Mariñas (rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería.

Prazo e presentación da proposta: as proposicións presentaranse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación será antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do sexto día hábil, contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincide en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio será satisfeito a rateo entre os adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1995.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

95-6766