Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 4 dos estatutos da Asociación Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite -Ligal-.

En cumprimento do dispositivo na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral remitiuse, o día 28 de setembro de 1995, certificación expedida polo secretario da devandita asociación Manuel Mª Rodríguez Pampín co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo acadado na xunta xeral, celebrada o 21 de xuño de 1995, consistente na modificación do artigo 4 dos estatutos, referente ó domicilio.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director Xeral de Relacións Laborais

95-6569