Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a contratación das obras de adecuanción da residencia da terceira idade de Monforte de Lemos á NBE-CPI-91.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a obra que se cita:

-Adecuación da residencia da terceira idade de Monforte de Lemos á NBE-CPI-91, en materia de medidas de protección contra incendios.

-Orzamento da licitación: 6.273.412 ptas. (seis millóns duascentas setenta e tres mil catrocentas doce pesetas).

-Prazo de execución: 2 (dous) meses.

-Clasificación requirida: por razón da contía non se esixe clasificación. Non obstante os licitadores deberán acredita-la condición de instalador debidamente autorizado.

-Exposición do proxecto: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto no Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial, rúa Montevideo nº 9, de Lugo, durante o prazo de presentación de proposicións, das 9 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar no servicio de administración e xestión económica da dirección xeral de Servicios Sociais e nos servicios de xestión económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Fianza provisional: 125.468 ptas.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as propsicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 6 de prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 8 do prego de cláusulas amdinistrativas particulares, así como o documento que acredite a condición de instalador debidamente autorizado.

-Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación ás 11 horas do undécimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de

Lugo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

-O importe dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 3 de outubro de 1995.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

6523