Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se modifica a convocatoria do concurso aberto das asistencias técnicas para a instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no pavillón de autonomías na feira Alimentaria-96 (Barcelona) e outra máis.

Por Resolución do 12 de setembro de 1995, publicada no DOG do 19 de setembro 1995, anunciouse a licitación, polo sistema de concurso aberto, das asistencias técnicas para instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes no pavillón de autonomía na feira Alimentaria-96 (Barcelona) e outra máis.

Debido ó atraso producido na comunicación dos espacios dispoñibles no pavillón de autonomías na feira Alimentaria-96 (Barcelona) para montaxe e instalación dos stands institucionais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, esta secretaría xeral resolveu prorroga-lo prazo de presentación de ofertas e o de celebración de mesa de contratación co fin de que as empresas que pretendan licitar dispoñan do tempo suficiente para elaboraren os seus proxectos.

Polo tanto, prorrógase o prazo de presentación de ofertas ata o día 30 de outubro de 1995 ás 14 horas e fíxase a data de celebración da mesa de contratación o día 3 de novembro ás 13 horas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1995.

P.D.(Orde 13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral

6717