Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEGREIRA

EDICTO.

Concurso para a contratación do equipo redactor das modificacións das normas subsidiarias de planeamento:

Obxecto: preténdese contrata-lo equipo urbanístico que leve a cabo a redacción das modificacións das normas subsidiarias de planeamento.

Criterios de valoración: terase en conta nas ofertas presentadas, a composición do equipo, o seu currículum, a oferta económica e a reducción dos prazos dos traballos.

Tipo: o tipo que se establece e o financiamento que se di nas bases é o de 3.480.000 ptas.

Propostas: feitas nos modelos que figuran nas bases, presentaranse no prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no BOP ou no DOG, tendo en ocnta a última publicación, no rexistro do concello ou por algún dos xeitos previstos na Lei de procedemento administrativo, e deberá ir acompañada da documentación que se detalla nas bases.

Fianza: provisional de 69.600 ptas. e definitiva do 4% do que resulte a adxudicación, que deberán ser impostas na Caixa Municipal ou calquera dos xeitos admitidos na lexislación de contratos.

Admisión de propostas: o día seguinte hábil a rematarse o prazo de presentación de propostas e só para os efectos de admisión dos contratistas, procederase ás 12 horas á apertura dos sobres da documentación administrativa.

Máis información: quedan a disposición dos interesados as bases íntegras na secretaría do concello.

Negreira, 5 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

6727