Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 26 de setembro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican reclamacións en taxación pericial contradictoria dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria relativo ós contribuíntes que se citan (González Domínguez, Josefa e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles a aquelas persoas cos datos e último domicilio coñecido que se indican, e que de conformidade co Art. 52.2º da Lei xeral tributaria (segundo redacción do Art. 79 da Lei 31/1990, do 28 de decembro, dos orzamentos xerais do Estado para 1991 e orde da Consellería de Economía e Facenda 9-7-1993) presentan reclamación en taxación pericial contradictoria ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación.

Co fin de proseguir no trámite relativo ós expedientes que se relacionan de acordo co artigo antes citado, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula, procederase a comunicar ante o Servicio de Xestión Tributaria, na plaza de Compostela, nº 26, de Vigo, a designación dun perito de parte (con título facultativo suficiente).

Transcorrido o prazo sen recibir ningunha comunicación, entenderase desistido do seu dereito e de que acepta o valor sinalado polo perito da administración, polo que se dará por concluído o expediente de taxación pericial contradictoria e procederase a xirar liquidación.

Apelidos e nome Enderezo Concepto e expediente

González Domínguez, Josefar/Gregorio Espino, 16 3º, VigoTPC 67/92 3442/90
Vendicasa, S.L.r/Policarpo Sanz, 3 2ºD, VigoTPC 33/95 15.247/91

Vigo, 26 de setembro de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

6690