Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 26 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Industrica e Comercio da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para execución de instalacións eléctricas (Expte. número 52282).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropicación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación por Decreto 248/1995, do 7 de setembro, (Diario Oficial de Galicia do 22 de setembro de 1995), para expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalación da liña eléctrica

aérea a 15/20 kV desde a subestación de Palmeira á liña San Isidro-Santa Cruz de Lesón, A Pobra do Caramiñal, das que é propietaria e beneficiaria deste procedemento expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/Fernando Macías, nº 2, 15004 - A Coruña; fáiselles saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que o representante da Administración procederá, os días 2 e 3 de novembro de 1995, a partir das 11 horas, ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación dos predios efectados polas ditas instalacións.

A relación dos predios afectados para os que se segue este proceso expropiatorio foi publicada no BOP da Coruña de data 10 de febreiro de 1995. Exclúense os predios con mutuo acordo que fora notificado no expediente.

Advírteselles os interesados que no día e hora sinalados para o levantamento das actas poderán facerse acompoñar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 26 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6525