Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.782

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (339/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario declarativo de menor contía, co número 339/1995, a pedimento de Ramona del Río Vilaso e Juana Seoane Redondo, representadas polo procurador García Piccoli Atanes, contra a Xunta de Galicia, a Comunidade de Montes Barbanza de Postmarcos, e as persoas descoñecidas e incertas, nos que, con data once de setembro de mil novecentos noventa e cinco, se dictou providencia emprazando os demandados para que, no prazo de dez días, comparezan en autos en legal forma, baixo o apercibimento de que, se non o verificasen, serán declarados en rebeldía, darase por precluído

o trámite de contestación á demanda, seguirá o preito o seu curso e notificarase na sede deste xulgado a dita resolución e demais que se dicten; e faráselles saber que, se comparecen, se lles concederán dez días para contestar á demanda.

E para que así conste e lles sirva de emprazamento ás persoas descoñecidas e incertas, expido, selo e asino o presente edicto.

Dado en Santiago de Compostela o once de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

6483