Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.782

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e citación de remate (103/1995).

En virtude do acordado na resolución do día da data, dictada polo xulgado en autos de xuízo executivo,

número 103/1995, promovidos polo Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, contra Juan Pascual Carballo e Concepción Tajes Fiuza, en reclamación de 1.047.549 pesetas de principal, máis 500.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas; pola presente cédula fáiselles saber ós debedores Juan Pascual Carballo e Concepción Tajes Fiuza, que se atopan en ignorado paradoiro, que se lles embargaron, como da súa propiedade, os bens que máis adiante se describen, segundo dispón o artigo 1.444 da Lei de axuízamento civil, sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro e, ó propio tempo, cítanse de remate e concédeselle-lo termo de nove días para que comparezan en autos e se opoñan á execución se lles conviñese, e prevéñoos de que, de non verificalo, se seguirá o xuízo na súa rebeldía, e recaerá sobre eles o conseguinte prexuízo.

Bens embargados:

A parte proporcional do soldo que percibe a demandada Concepción Tajes Fiuza da empresa Valoraciones Armando Rojo, S.A., sita na rúa Palacio, 10.

Opción de compra e dereitos de propiedade que lles corresponde ós demandados sobre o predio sinalado co número 40 tipo C do rueiro número 4. Ten unha superficie aproximada de 156 m no conxunto residencial Porto Avieira, concello de Oroso.

Comisións ou calquera clase de percepcións que lle poida corresponder recibir a Juan Pascual Carballo, da entidade Talfil, S.A., sita na estrada de Santa Creu de Calafell, km. 9.200, 08830 Sant Boi de Llobregat, Barcelona.

E para que conste e lles sirva de notificación e citación en forma ós debedores Juan Pascual Carballo e Concepción Tajes Fiuza, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o doce de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6554