Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995 pola que se anuncia o concurso publico aberto para subministración de equipos e programas informáticos para os servicios económicos do Parlamento de Galicia e do Valedor do Pobo.

En execución do acordo adoptado pola mesa do parlamento en reunión celebrada o día 19 de setembro e de conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, esta presidencia presta a súa aprobación ó seguinte anuncio:

Obxecto do concurso.

É a adxudicación do contrato de subministración e instalación dos programas e equipos informáticos para os servicios económicos do Parlamento e do valedor do pobo coas especificacións contidas na cláusula administrativa primeira do correspondente prego.

Orzamento.

O prezo máximo de licitación fíxase en dezasete millóns (17.000.000) de pesetas, IVE incluído.

Órgano contratante.

O contrato será adxudicado pola mesa do parlamento de Galicia con sede no Pazo do Parlamento de Galicia na cidade de Santiago de Compostela.

Procedemento.

O procedemento de adxudicación seleccionado é o concurso público polo procedemento aberto.

Lugar e prazo de entrega.

Os programas e os equipos informáticos instalaranse na sede do Parlamento de Galicia e o prazo máximo para a súa posta en funcionamento non será superior a tres meses contados a partir do día seguinte ó da adxudicación do contrato.

Licitadores.

Poderán presenta-las súas ofertas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non se atopen incursas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Prazo de presentación de proposicións.

As ofertas presentaranse no rexistro xeral da cámara dentro dos 26 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia entre as 9.30 h. e as 14 h. e entre as 16 h. e as 18.30 h., e os sábados de 10 h. ás 13 h.

Das ofertas.

As ofertas redactaranse facendo referencia expresa ás características da subministración subliñada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas tendo en conta as especificacións contidas na cláusula administrativa sexta.

As ofertas serán presentadas en tres sobres pechados e asinados nos que figure o nome da empresa ofertante e o concurso citado.

No sobre número 1-A incluiranse os datos que acrediten a personalidade dos licitadores ou do seu representante legal e ademais os documentos complementarios fixados na cláusula administrativa 7.2.

No sobre número 2-B conterase a proposición económica e no sobre número 3-C, de referencias técnicas; incluiranse os documentos sinalados no apartado cuarto da cláusula administrativa sétima.

Garantías.

A garantía provisional fíxase no 2% do orzamento do contrato e a definitiva no 4%. Pódense constituir nalgunha das modalidades previstas no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, nos servicios económicos do Parlamento de Galicia.

Apertura de proposicións.

O acto público de apertura dos sobres 2 e 3 farase ante a mesa de contratación o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das proposicións as 12 h.

Criterios de adxudicación.

Os criterios determinantes da adxudicación son os relacionados na cláusula administrativa oitava e conforme con eles a mesa de contratación formulará a súa proposta de adxudicación dentro do prazo de 20 días naturais a partir da apertura das plicas.

Publicación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicáronse no BOPG número 321, do 27 de setembro, e atópanse a disposición dos interesados no rexistro xeral do Parlamento.

Publicación e información.

A demanda de información poderá facerse a través de:

- Telefax: (981) 57 10 41

- Teléfono: (981) 56 16 00 (extensión 253).

Réxime xurídico.

Ademais das normas contidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, terase en conta a lexislación xeral establecida para a contratación das administracións públicas.

Nos supostos de contenda xudicial e esgotada a vía administrativa perante a mesa do parlamento de Galicia, abrirase a vía contencioso administrativa perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente

9506699