Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras (Ourense), pola que se anuncia o concurso público 4/1995, polo trámite de urxencia, para a adquisición de tres monitores de adultos e un desfibrilador (C.P. 4/1995).

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras (Ourense), unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la adquisición que a seguir se cita:

Subministración: tres monitores de adultos e un desfibrilador.

Orzamento: 7.000.000 de ptas., IVE incluído.

Fianza provisional: 140.000 ptas.

Fianza definitiva: 280.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse nun prazo de 30 días contados a partir da data de notificación de adxudicación.

Admisión de variantes: admitiranse variantes, de acordo coa cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares; apartado 3 da folla de especificacións.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

-Calidade dos equipos e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

-Prezo ofertado: ata 4 puntos.

-Prazo de garantía: ata 3 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu examen no servicio de subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, Avda. Conde Fenosa, 50, O Barco de Valdeorras (Ourense), tódolos días laborais, agás sábados, das 9 ás 15 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no Rexistro Xeral do Hospital Comarcal Valdeorras, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e enunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 33 90 37 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, Avda. Conde Fenosa, 50, O Barco de Valdeorras (Ourense), a partir das 11 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

O Barco de Valdeorras, 18 de setembro de 1995.

Enrique I. Pérez Rivera

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

95-06702