Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación do servicio de limpeza das instalacións da nova sede da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo.

Obxecto: servicio de limpeza das instalacións da nova sede da Delegación Provincial do IGVS en Lugo.

Orzamento: sete millóns de pesetas (7.000.000 de ptas), IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) anos.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 280.000 ptas.

Documentación: os pregos de clausulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán á disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexitro da sede dos Servicios Centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n. Santiago de Compostela).

Prestación de propostas: as proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte

ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíen por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama no mesmo día.

Apertura de propostas: a apertura das propostas admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás once (11) horas do quinto día hábil contado a partir do seguinte ó remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do IGVS

95-6534