Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95-Ourense.
Finalidade: mellora de servicio eléctrico na zona.
Orixe da liña: na L.M.T. ó C.T. Santo Estevo.
Final: C.T. Paxarín.
Situación do transformador: Raxarín.
Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, en apoios de formigón e unha lonxitude de 462 metros. Centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA 20.000/380-220 V, en apoios de formigón. Rede de
baixa tensión en conductor R.Z.-95 mm Al, cunha lonxitude de 60 metros, para mellora do servicio eléctrico en Paxarín, no concello de Carballedo.
Orzamento: 4.179.738 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.
Lugo, 20 de setembro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
6431