Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de necesidade e urxente ocupación da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica para a execución dos proxectos que se citan (Expt. 29/1994 A.T. e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, por solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, a declaración da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento, transcríbese de seguido a relación concreta e individualizada dos interesados cos que se considera necesaria a expropiación para a execución dos seguintes proxectos nomeados:

-Liña eléctrica M.T. a 15/20 kV os CC.TTs. de Cabaleiro e Campañó de Arriba, no concello de Pontevedra, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial de Industria de 24 de xuño de 1994 (Expte. nº 94/29 A.T.).

-Liña eléctrica M.T. a 15/20 kV a C.T. Ferreiros, no concello de Pontevedra, autotizada e declarada de utilidade pública por resolución da delegación provincial de Industria do 24 de xuño de 1994 (Expte. nº 94/30 A.T.).

-Liña eléctrica M.T. a 15/20 kV en Acha-Santa Mariña, no concello de Cambados, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da delegación provincial de Industria do 17 de abril de 1995 (Expte. nº 95/12 A.T.).

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da última publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun xornal local dos de maior circulación así como ós interesados en igual prazo, ós que se

lles enviará notificación individual, poderán aportar por escrito e por triplicado, os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para este efecto estará exposto o expediente, con proxecto da instalación, nesta dependencia, sita en Vigo, Gran Vía, 76 en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán instar a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Vigo, 25 de setembro de 1995

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6564