Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4373 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95-Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: en apoio nº 3 da L.M.T. ó C.T. de Aldosende.

Final: C.T. proxectado de Gondar.

Situación do transformador: Gondar.

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 5,6 mm Al, en apoios de formigón, cunha lonxitude de 1.886 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, cunha lonxitude de 550 metros, para mellora do servicio eléctrico en Gondar e Vilar, no concello de Paradela.

Orzamento: 8.30.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 20 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6510