Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4372 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95-Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: en apoio metálico L.M.T. Vilanova-Ponte Arcude e apoio metálico nº 73 L.M.T. Triacastela-Sarria.

Final: en apoio metálico L.M.T. existente a C.T. Roxofrei e apoio de formigón anterior o C.T. Pascais.

Características: liña de media tensión a C.T. Roxofrei, de 20 kV, en conductor LA-56, con postes de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 1.345 metros. Liña de media tensión a C.T. Pascais, de 20 kV, en conductor LA-56, con postes de formigón, cunha lonxitude de 229 metros, para mellora do servicio eléctrico en Samos-Roxofrei, no concello de Samos.

Orzamento: 4.495.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 20 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6509