Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira denominada Pinel.

A Delegación Provincial de Lugo, fai saber que a Dirección Xeral de Industria decidíu que o proxecto de explotación da canteira denominada Pinel, sita na parroquia de Pinel do concello da Pobra de Brollón,

promovido por Ahopra, S.L., fose sometido ó Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

En cumprimento do establecido no artigo 5, apartado 2º do referido decreto,

RESOLVO:

1.-Someter, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira denominada Pinel, sita na parroquia de Pinel do concello da Pobra de Brollón, promovido por Ahopra, S.L.

2.-O estudio de impaxto ambiental expoñerase ó público nesta delegación provincial, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

3.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de trinta días hábiles, ante esta delegación provincial.

Lugo, 15 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado Provincial de Lugo

95-6508