Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 95/285 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T.s e centro de seccionamento Fergofrío, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L 42.26 na súa derivación ó C.T. Frigoríficos Vigo ata o centro de seccionamento proxectado de Fergofrío, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais:

L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 194 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Centro de seccionamento cunha cela de liña C.M.L.-SF6 m.

Orzamento: 5.312.425 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 4 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6435