Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 95/281 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. Prado-Nigrán, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio existente nº 4 tipo 630/15 da L.M.T.A. 42.08 Balaídos-Prado, ata o C.T. que se proxecta en Prado, concello de Nigrán.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 197 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30 sobre apoios metálicos con tomas de terra.

C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-398/320 V.

Orzamento: 2.968.188 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas,

no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6434