Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 95/276 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Nanín-Sanxenxo que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio nº 58/5 (C.T. aéreo) da L29.04 de Vilalonga, ata o C.T. que se proxecta en Nanín, concello de Sanxenxo.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: a liña de M.T. será subterránea con conductor tipo R.H.V. 12/20 kV de 3x1x95 mm2 Al que irá aloxada en tubo de fibrocemento de 150 mm2 de diámetro a unha profundidade entre 1,20 e 1,50 m, de 280 m de lonxitude

C.T. de 400 kVA, relación de transformacion 15/20 kV-380/220 V

R.B.T., subterránea, de 430 m de lonxitude, con conductor tipo R.V. 4x1x240 mm2 Al.

Orzamento: 6.686.848 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas,

no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6512