Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 26 de setembro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican reclamacións en taxación pericial contradictoria dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria relativo ós contribuíntes que se citan (Caride Alonso, Miguel e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles a aquelas persoas cos datos e último domicilio coñecido que se indican, e que de conformidade co Art. 52.2º da Lei xeral tributaria (segundo redacción do Art. 79 da Lei 31/1990, do 28 de decembro, dos orzamentos xerais do Estado para 1991 e orde da Consellería de Economía e Facenda 9-7-1993 presentan reclamación en taxación pericial contradictoria ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación.

Co fin de proseguir no trámite relativo ós expedientes que se relacionan de acordo co artigo antes citado,

no prazo de 10 días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula, procederá a depositar na sucursal do Banco de España en Pontevedra, os honorarios sinalados a nome do perito terceiro que se relaciona.

A constitución do depósito xustificarase ante o Servicio da Tesourería desta delegación territorial.

Advírtese que a falta do depósito no indicado prazo suporá a aceptación da valoración realizada polo perito da administración, pola que se practicará liquidación.

Apelidos, nome e domicilioCantidade que hai que depositarApelido e nome

(perito 3º)

Concepto e expediente

Caride Alonso, Miguel

Avda. Castrelos, 194 8ºA, Vigo

55.786 ptas.Jiménez López, MarcelinoTPC 91 a 94/94

8792/91

Penela Fernández, Isaac

r/El Pilar, 5 2º, Vigo

123.441 ptas.Santos Zas, GabrielTPC 44/93

6439/90

Vendicasa, S.L.

r/Velázquez Moreno, 2, Vigo

29.000 ptas.Cid Sueiro, ErnestoTPC 74/94

18.595/89

Vigo, 26 de setembro de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

95-6513