Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 11 de setembro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican os xuros de demora das liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativa ó contribuínte que se cita (Oitavén Comesaña, José).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle-los xuros de demora das liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indica, e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, en aplicación do artigo 62 do Regulamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, nova redacción recollida na disposición adicional segunda do Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro, polo que se aproba o imposto sobre sucesións e doazóns.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: recurso de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza Compostela nº 26 Vigo, ou reclamación ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, secretaría delegada de Vigo r/ Lalín nº 2 de Vigo, ambos no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula.

Apelidos e nome: Oitavén Comesaña, José.

Domicilio: estrada Regueiro, 11 Valadares, Vigo.

Contía e concepto: 1.601. I-3/1995 liquidación, T-2337/1993, Expte. 11627/1991.

Vigo, 11 de setembro de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

6480