Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 95/294 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. en Soutomaior-Freixo, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T A Frieira-A Cañiza ata o C.T. que se proxecta en Soutomaior, e rede de baixa tensión en Freixo, concello de Crecente.

Finalidade da instalación: mellora-lo subministración eléctrica na zona.

Características principais:

L.M.T., aérea, a 20 kV, de 40 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56.

C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

R.B.T., en Soutomaior de 1.165 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

R.B.T. en Freixo de 1.215 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 9.101.491 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 5 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6433