Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización da U.A. número 3 de Gandarío (primeira fase).

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 27 de setembro de 1995, o proxecto de urbanización da Unidade de Actuación nº 3 de Gandario (1ª fase), de acordo co que establece o artigo 117-3 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, queda exposto o expediente na secretaría municipal, durante o prazo de quince días, nos que pode ser examinado e alegar todo aquilo que se considere pertinente.

Bergondo, 3 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-6479