Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: adquisición de mobiliario con destino ó Fórum Metropolitano (Parque Europa) (Ref. S95/147).

Tipo de licitación: 35.000.000 de pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 700.000 pesetas; definitiva, 4% do importe da adxudicación.

Modelo de proposición: reintegradas cun timbre municipal de 25.650 pesetas, as proposiciones axustaranse ó seguinte modelo.

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en..., (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para adquisición de mobiliario con destino ó Fórum Metropolitano (Parque Europa), e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... (IVE incluído).

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, ata o día 16 de novembro do presente ano, en horas de 9 a 13.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia no Negociado de Subministracións e Compras, 2ª planta do Pazo Municipal, praza de María Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 21 de setembro de 1995.

O alcalde

6610