Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.702

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO de convocatoria do 7 de setembro de 1995 do Premio Fundación Galicia-Europa 1995.

Co obxecto de fomentar e incentiva-la investigación científica, en especial no ámbito socio-económico, a Fundación Galicia-Europa convoca un premio dirixido a estudios científicos, que será concedido ó mellor traballo de investigación que afonde no coñecemento dalgún aspecto da realidade galega, en e desde a perspectiva da integración de Galicia no contexto europeo.

Bases da convocatoria.

1. Concederase un único premio dotado con 1.000.000 de ptas. ó mellor traballo a xuízo do xurado.

De maneira excepcional, e se o xurado estimase que dous ou máis traballos reúnen a calidade suficiente para seren premiados, poderá fraccionarse a dotación entre eles.

2. Poderán participar na convocatoria aqueles investigadores nacionais ou estranxeiros que presenten traballos, en galego ou en castelán, publicados en 1995 ou ben tese de licenciatura ou tese de doutoramento aprobadas durante o ano polo tribunal académico correspondente.

3. Os traballos deberán ter unha extensión non inferior a 100 folios, mecanografados a dobre espacio por unha cara. En calquera caso, remitiranse por triplicado á oficina da Fundación Galicia-Europa, na Casa da Parra, praza da Quintana de Santiago de Compostela, acompañados dun sobre no que figuren os datos persoais do autor (nome, enderezo, teléfono e DNI) e, no caso de teses ou teses de licenciatura, un documento acreditativo da aprobación académica da tese.

4. A participación no premio supón a aceptación das bases da convocatoria en tódolos supostos.

5. O prazo de presentación de orixinais remata o 31 de decembro de 1995.

Xurado.

O xurado estará formado polos membros con representación no Padroado da Fundación Galicia-Europa, asistidos polos asesores precisos para emiti-lo seu veredicto:

-Xunta de Galicia.

-Banco Pastor.

-Caixa de Aforros de Galicia.

-Caixa Ourense.

-Caixa Pontevedra.

-Caixavigo.

-Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Pontevedra, Ourense, Santiago de Compostela, Tui e Vigo.

O xurado considera méritos preferentes a importancia relativa do tema para Galicia. O dictame do xurado será inapelable e farase público no primeiro trimestre de 1996 e seralle comunicado directamente ó gañador.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Secretario xeral

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1995

(Decreto 335/1994, do 3 de novembro,

DOG do 10 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 300 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 600 pesetas/liña de 54 espacios.