Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.683

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (45/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria co número 45/1994, a pedimento de José Gabriel Barreiro Pérez, Domingo Carrascal Queimadelos, Ramón Bescansa de la Gándara, Eduardo Beiras García, Mª Carmen Beiras García, Mª Ángeles Bescansa de la Gándara, Pedro Bescansa de la Gándara, Mª Ángeles de la Gándara Barrio, Fernando Olmedo Limeses, Jaime Olmedo Limeses, José Luis Olmedo Limeses, Rafael Olmedo Limeses, General Olmedo S.A. e José Luis Álvarez García, representados polo procurador Caamaño Queijo, contra Paragüera del Noroeste, sobre reclamación de cantidade en virtude de préstamo hipotecario, dictouse providencia no día da data e acordouse sacar a pública poxa, por termo de vinte días hábiles de antelación, por primeira vez e, se é o caso,

segunda e terceira vez, o predio hipotecado que se describirá, baixo as seguintes condicións e advertencias:

Primeira.-A primeira e, se é o caso, segunda e terceira poxas, terán lugar na sala de audiencia deste xulgado, sita no Pazo de Xustiza, rúa Algalia de Abaixo, 24, desta cidade, ás dez horas dos días 20 de decembro, 22 de xaneiro e 22 de febreiro.

Segunda.-O tipo de poxa é de 106.875.000 ptas. para a primeira, que corresponde ó prezo pactado na escritura de préstamo; para a segunda rebáixase un 25% do prezo da anterior e sen suxeición a tipo respecto á terceira.

Terceira.-Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo establecido para cada unha das poxas, agás para a terceira, segundo se di e, para tomar parte nelas deberán os licitadores, agás o executante, presenta-lo resgardo de ter previamente consignada na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten no Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo de cada unha das poxas, ou do da segunda se se trata da terceira. Ata a celebración das poxas poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acompañando nun e outro caso o resgardo correspondente de ingreso na citada consignación.

Cuarta.-As ofertas poderán facerse en calidade de cede-lo remate a un terceiro, coas solemnidades e requisitos legalmente establecidos na Lei hipotecaria.

Quinta.-Os autos e a certificación rexistral ós que se refire a regra cuarta en relación coa oitava e décimo terceira do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría e enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e preferentes, se os houber, do crédito da demandante, quedarán ou continuarán subsistentes; e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Predios obxecto de hipoteca e poxa.

Edificación que chaman Agro da Senra de Atrás ou Senra de Atrás, no lugar de Xesteira, parroquia de Santa María de Conxo, nesta cidade de Santiago de Compostela. As naves están formadas por tres coxías cun total de trinta metros de ancho por setenta e dous de longo, que representan dous mil cento sesenta metros cadrados. Aproveitando o desnivel natural do terreo, existen dúas plantas situadas a catro metros e oito metros, tomando como cota máis ou menos 0,00 a planta superior. Estoutras dúas plantas teñen unha superficie de vintecatro por trinta metros, o que significan setecentos vinte metros cadrados cada unha. O conxunto das tres plantas dá unha superficie total cuberta de tres mil seiscentos metros cadrados. Edificación e terreo anexo unido forman un só predio da superficie total de catro mil seiscentos oitenta metros e setenta decímetros cadrados, que linda: norte, camiño a Xesteira que a afasta do predio de Ramón Rodríguez Somoza y López; sur, predio propiedade de herdeiros de

Urbano Anido; leste, predio dos herdeiros de Ramón Tourís e toxeira de Carmen González Sanmartín; e oeste, predio propiedade de Andrés Rúanova.

Título: escritura de agrupación e declaración de obra nova, outorgada ante o notario de Santiago de Compostela, Ildefonso Sánchez Mera, o 21 de setembro de 1982.

Inscrición: inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 desta cidade ó tomo 905 do arquivo, libro 542, folio 125, predio 39.403.

Dado en Santiago de Compostela o vintecinco de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-6563