Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.683

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (254/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 254/1995, que se seguen por estafa, cítase a Pedro Garalt Estragues, en calidade de denunciado e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día dezaoito de outubro, ás once horas e dez minutos, compareza na sala de audiencias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, sita na planta primeira do edificio de xulgados, rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas (sala de audiencias número tres), co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, podendo facelo acompañado de avogado, e advertíndoo de que deberá comparecer cos medios de proba de que intente valerse, e que, se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela o once de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6520