Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.684

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (219/1992).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 219/1992, se seguen autos de executivo letras de cambio, a pedimento da procuradora Ángeles Regueiro Muñoz, en representación de Recambios Santiagueses S.L., contra Ramón Vicente Novo, en reclamación de cantidade; e nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valor pericial, os seguintes predios embargados ó demandado:

Número 1. Predio rústico, sinalado co nº 1978 do plano de concentración parcelaria de San Xoán e San Xulián de Laíño, concello de Dodro. Labradío e monte, ó sitio das Correnzas, que mide 17 áreas e 96 centiáreas. Linda: norte, camiño; sur, Ramón Vidal Abuín e outros; leste, Ramón Vicente Novo; e oeste, Avelino Lodeiro González. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón ó tomo 559, libro 56 de Dodro, folio 157, predio nº 6434.

Número 2. Predio rústico nº 1979 do plano de concentración parcelaria de San Xoán e San Xulián de Laíño. Labradío e monte ó sitio das Correnzas, que mide 7 áreas e 94 centiáreas. Linda: norte, camiño; sur, Ramón González Abuín e outros e masa común; leste, Ramón González Abuín e outros e masa común; e oeste, Ramón Vicente Novo. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón ó tomo 559, libro 56 de Dodro, folio 158, predio nº 6435.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no edificio de xulgados do polígono de Fontiñas de Santiago de Compostela, o vindeiro día 23 de novembro, ás 12 horas, consonte as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 1.077.600 ptas. para o sinalado co número 1 e de 476.400 ptas. para o sinalado co número 2, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV, nº de conta 1592-17-219-91, o 20% do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta do xulgado, xunto con aquel, o 20% do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá facerse o remate a calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito a pedimento do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado e os licitadores deberán conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do licitador, quedarán subsistentes e sen cancelar e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 19 de decembro, ás 12 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do 75% do da primeira; e, no caso de que resultase deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 16 de xaneiro, tamén ás 12 horas, e rexerán para esta as mesmas condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o dous de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

6583