De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.
En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria
a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:
Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.
ANEXO
Expediente: LU-246/1994.
Denunciado: Ángel Sánchez Ares.
DNI nº: 9.982.722.
Último enderezo coñecido: r/ Progreso, Rúa de Petín- Ourense.
Feitos imputados: transporta-lo día 21 de setembro de 1994, no vehículo matrícula OR-4612-N, aves de curral de diversas idades, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria.
Tipificación infracción: Regulamenteo de epizootias.
-Precepto infrinxido: artigo 32.
-Precepto sancionador: artigo 32.
-Sanción imposta: 10.000 ptas.
Lugo, 19 de setembro de 1995.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo
95-6606