Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, para a contratación de consultoría e asistencia para a edición, impresión e traducción de libros de prototipos de buques de pesca polo procedemento aberto por concurso.

Obxecto: edición, impresión e traducción de libros de prototipos de buques de pesca.

Prazo de execución: un mes (1 mes).

Orzamento: 4.800.000 ptas.

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa de Sar, 75, Santiago de Compostela), o en calquera das delegacións da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: en acto público ás 10 horas do primeiro día hábil no que se cumpran cinco

días naturais, contados desde a data seguinte do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, a apertura será ó día seguinte hábil.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1995.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

95-6390