Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 14 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña - Servicio de Consumo, pola que se comunica o estado do expediente 15-066/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás peroas que a continuación se relacionan as fases nas que se atopan os expedientes contra elas instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Nome: Redex, Transporte Urgente.

NIF: 15.335.318-B.

Expediente: 15-066/1995.

Prazo: dez días.

Trámite: iniciación.

Os ditos interesados dispoñen do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes, na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, 2º andar, praza de Luis Seoane, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 14 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-6377